blix



Xosé A. Neira Cruz: O home máis rico do mundo
Ilustracións de Fernando L. Juárez

Col. Os Contos do Trasno Comodín. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2001

O home máis rico do mundo

Nesta adaptación a partir do conto popular cóntase que había unha vez un rei obsesionado por acumular riqueza, que non saía do palacio contando e recontando a súa fortuna. Preocupado por se habería no reino alguén máis rico ca el, organizou unha festa para que todos presumisen mostrando o que tiñan. Foi desfilando ante el a rea de millonarios do reino: desde o salón do trono fíxoos pasar en ringleira para autorizar a súa posible participación na festa segundo a súa ostentación. Podía estar tranquilo: ninguén chegaba sequera á metade do que el posuía.
Pero no final da ringleira agardaba un home vello con roupa esfarrapada e sen obxectos de valor. Sorrinte, dicía ser o máis rico de todos pois tiña o tempo para si, o ano enteiro cos seus meses, que valen máis que o diñeiro.
Entón o rei, que de contar tantos cartos esquecera o valor do tempo, comprendeu que era o máis pobre do mundo. E co desgusto morreu.

36 p. - 22x22 cm.                                                             ISBN    84-8464-097-3



Opinion