blix



Colectivo Crisol:
O home león / A princesa Iria / A árbore das tres torondas
Ilustracións de Giuseppe Sentiero

Col. Contos populares. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1998

O home león

Escolma de tres relatos seleccionados e adaptados polos membros do Colectivo Crisol.
"O home león" narra a triste historia dunha moza que vive retirada nunha cova como consecuencia dun encantamento, que só se desfará cando alguén consiga un ovo que hai na Serra Moura. Un home, que conta coa axuda inestimable dun león, unha formiga, unha aguia e unha raposa, consegue o ovo e desfai o encanto.
En "A princesa Iria" a protagonista casa cun mouro pero decide fuxir do seu lado e casa cun príncipe co que ten dous nenos. Ante o medo de ser descuberta polo mouro, refúxiase nunha torre ata que o seu pai e o seu home conseguen rescatalos.
Por último, "A árbore das tres torondas" conta as aventuras dun príncipe que atopa tres torondas nunha árbore e decide abrir unha para saciar a súa sede. A froita convértese nunha princesa que lle pide auga para lavarse, un peite e un espello. Como o príncipe carece destes obxectos, a princesa convértese outra vez en toronda. A historia repítese por segunda vez e, coa terceira toronda, o príncipe, que xa aprendera o segredo, proporciónalle os tres obxectos e converte a princesa na súa muller.

58 p. - 18x17 cm.                                                        ISBN    84-89976-52-X



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000




Opinion