| Colectivo
Crisol: O home e a neve Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2001 |
![]() |
Érase unha vez un home que, volvendo á súa
casa, quedou enterrado na neve. A súa muller, para o destapar, pediulle
axuda á neve, pero como esta lle contestou que a tiña que
derreter o sol, acudiu a el. E deste xeito tivo que ir pedindo axuda ao sol,
á nube, ao aire, ao valo, ao rato, ao gato, ao pau, ao lume e á
auga. Finalmente, como a esta a xea o frío, a auga xeou e o home
alí quedou. |
|