| Colectivo
Crisol: O home e o oso Ilustracións de Pepe Carreiro Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas. Vigo, 1999 |
![]() |
Daquela, cando os animais falaban, vivía nun bosque un
oso moi forte e arrogante. Cando escoitou que o home era máis valente ca
el, sentiuse ofendido e decidiu ir na súa busca. Atopou un neno, pero
seica aínda non é home, polo que seguiu camiño; un vello
tampouco quixo competir con el, pois xa fora home, e aconselloulle que fose
á ferrería. O ferreiro aceptoulle o combate, pero antes pediu
poder quentar as mans. Quentou as tenaces na fragua e na pelexa espetoullas no
fociño. |
|