blix



Pablo F. Sepúlveda: A historia infinda
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

A historia infinda

Hai moitos anos, en Viladepazos, unha noite apareceu morto o xuiz de paz na súa casa. A policía non deu aclarado o caso e concluíu que era cousa de fantasmas. Desde entón, as familias que alugaban a casa morrían ao pouco tempo e a policía botáballe sempre a culpa ás fantasmas. A casa colleu fama de maldita e ninguén a quixo habitar durante anos, ata que a alugou o administrador de fincas André Teixeira, que non cría nas casas encantadas. Nin sequera se lle engruñou o pelo cando descubriu no faiado o retrato do xuíz morto. Mentres durmía, unha fantasma saíu a medianoite do armario e fíxolle unhas marcas nas mans. A noite seguinte, fíxose o durmido e viuna. Cando intentaba desintegrala cun aparello que construíra a partir dunha radio, faloulle: era a fantasma do xuiz de paz, que mataba os inquilinos porque non quería que ninguén vivise na que fora a súa casa, aínda que se se ía vivir a outro lado a el non o había matar. André marchou, a cambio de que lle asinase un contrato de compromiso aceptando convivir pacificamente con calquera inquilino futuro. Anos despois, esquecida a maldición logo de que André vivira nela dous anos e saíra vivo, instalouse na casa unha familia. Morreron todos a primeira noite.
Resulta que había sete días que morrera o administrador en estrañas circunstancias. O único que coñecía o contrato. A policía, como non deu aclarado ningún dos dous casos, botoulle a culpa ás fantasmas.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-49-1



Opinion