| Xavier Seoane:
A historia do can que caeu no tinteiro Ilustracións de Paula Mariño Col. No país dos contos, 21. Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007 |
|
Era un cadelo tan pequeno que, unha vez que caeu nun tinteiro,
ao saír as súas patas deixaban unhas curiosas pegadas negras.
Entón o neno que o coidaba, que estaba aprendendo a ler e escribir, tivo
unha idea: mollaba a pluma no tinteiro e despois o can metía as patas
nel; logo, escribía unha letra e can imitábao deixando a pegada
correspondente. Despois comezaron a escribir sílabas. Aínda que
ás veces o can se trabucaba, logo corrixía entre risadas. Co
tempo mesmo fixeron palabras completas, cada vez máis complicadas e
longas. Foilles un invento ben útil, porque cando o neno precisaba unha
cousa, escribíaa nun papel e axiña o can lla levaba trabada entre
os dentes. E tamén o contrario: se era o can quen a precisaba,
escribía o nome e o neno íalle por ela. Mesmo chegaron a escribir
frases completas... O problema foi cando o can medrou tanto que xa non
podía meter as patas en ningún tinteiro. Daquela volveron a
comunicarse como nos vellos tempos, sen necesidade de escribir nun
papel. |
|
![]() |
Xavier Seoane: A historia do can que caeu no tinteiro Ilustracións de Paula Mariño Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2007 Reedición noutra colección 36 p -18x20 cm ISBN 978-84-9865-019-8 |