blix



Marilar Aleixandre: Herbalúa
Ilustracións de Enjamio
. Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2006

Herbalúa

Unha noite de lúa chea, Helena fixo unha barca coa cama e velas coas sabas, convenceu á fiestra para que non renxese ao abrila e mentres os pais durmían subiu á lúa en busca da herbalúa para a súa ovella de trapo. Porque as ovellas de trapo só comen esta herba azul que sabe a mar e noces verdes. Ao chegar preguntoulle por ela ao xurelo (que se volve do lado prateado na lúa chea e na nova, do escuro): como estaba moi ocupado dando voltas contestoulle de malos modos. Seguiu camiñando e encontrou o rato (que rilla a lúa chea porque lle sabe a queixo e na nova dorme a enchente): tampouco lle contestou ben pois estaba atarefado. Bateu logo coa araña (que tece a súa tea dun corno a outro da lúa pero cando esta medra a tea estarrícase e racha): respondeulle fungando. Atopou despois o lobo da lúa (sempre esfameado porque alí non hai coellos nin años): só se interesou pola ovella de Helena.
Por fin, a galiña da lúa (a peteirar á procura de grans de trigo e miñoca) díxolle di en segredo onde hai herba para a súa ovella. E entón Helena volveu cunha presa de herbalúa na man esquerda e unha miñoca da lúa na dereita. Pero esa é outra historia...
Edición en formato álbum con prodixiosas ilustracións a toda páxina e cores.

25 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN    978-84-8288-963-4

.  
RECENSIÓNS

  .  fadamorgana


Herbalúa . Marilar Aleixandre: Herbalúa
Ilustracións de Enjamio


Col. No país dos contos, 12
Ed. El País / Ed. Galaxia. Madrid, 2007


Reedición noutra colección


28 p -18x20 cm ISBN  84-9815-794-3/978-84-8288-991-7



Opinion