blix



Ánxeles Ferrer: O grilo Gastón
Ilustracións de Ánxeles Ferrer

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2004

O grilo Gastón

O trasniño Nicolás vivía na aba do monte ao carón do mar. Unha tarde de outono chegou á praia tremendo de frío nun barco pequeno o grilo Gastón: viña desde o seu lonxano país, fermoso pero onde apenas había para comer. Procuraba un lugar para vivir, traendo como única equipaxe unha pequena arpa. Entre case todos os veciños, construíronlle unha casa. Pero o escaravello Darío non colaborou, pois non lle gustaba o seu extravagante chaleco nin as babuchas douradas. Tampouco fixo atención cando esa noite Gastón tocou á arpa cancións que falaban da súa terra misteriosa.
Pasou o tempo e Gastón foi un veciño máis. Como tamén sabía de xastre, fixo chalecos e babuchas para os veciños. Mais ao chegar o inverno, o escaravello acusouno de roubarlle a chave da arca e avisou os gardas, que o meteron no cárcere. Pasados uns días, un paxariño díxolle ao escaravello da chave: como lle caera, leváralla a carriza Feliciana. Como a recuperou, Gastón saíu en liberdade. E, sen rencor, convidou a Darío a escoitar música na súa casa.
Desde aquela, viviron moitos anos e sempre se levaron ben como amigos que eran.

48 p. - 21x19 cm.                                                            ISBN    84-403-0446-3



Opinion