blix



Grandes contra pequenos
Ilustracións de Abraham

Col. Contos do Miño. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

Grandes contra pequenos

Andando un día a raposa ás galiñas, sen darse conta pisou un sapo, que se enrabexou e cando ela dixo que era gordo e pequeno declaroulle a guerra: ás 3 da tarde agárdaa no val, cada un coa súa xente. Esa noite o sapo formou un exército enorme de xente miúda: abellas, grilos, saltóns e un mundo de bechos cativos. Mentres, a raposa fixo o seu de xente grande: o lobo, o porco bravo, o oso e a cabra montesa.
Ao que chegou a hora, estaban os dous bandos no val. A raposa, rindo, mandou ao lobo que fose asustar os inimigos, pero unha lexión de abellas furiosas botouse contra o coitado do lobo, que daba dentelladas contra o aire sen coller ningunha. Volveu co rabo entre as pernas, pois os miúdos eran pequenos pero rabiosos. A raposa chamoulle covarde e foi contra aquela "borralla de xente" afiando o fuciño para asustalos e con paso retador. Agardábana unha lexión de tabáns, cativos pero doentes, e deuse por vencida, ordenando a retirada.
Aquela noite o sapo convidou a todos os seus amigos e berraba orgulloso: "¡Son pequeno, pero matón!"

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-95350-78-5



Opinion