blix



Gloria Sánchez/Xan López Domínguez: O grande Tronante
Ilustracións de Xan López Domínguez

Edicións Xerais. Col. "Pequeno Merlín". Vigo, 1998
White Ravens 2000

O grande Tronante

O Grande Tronante, señor dos ventos e tronadas, é o corsario máis terrible dos ceos e suposto posuidor de innumerables tesouros, extremo que ninguén puido confirmar porque nunca un pirata volveu vivo de onda el. Por iso mostraron grande valentía o capitán Ro e o gato Bo achegándose na súa nave á nube do Tronante, que durmía placidamente. Pero espertárono e enguliunos.
A inmensidade do seu interior era unha caixa de sorpresas, pois nela agachaba a súa fortuna en ouro e... ¡tamén os outros piratas que os precederan no intento!. Malia o medo do gran capitán Ro, cantaron e bailaron todos a canción dos piratas. O Tronante brincaba de rabia ata que unha enorme explosión, como un foguete das festas, botounos disparados ao exterior por un furadiño do pantalón. Sen o tesouro, si, pero o capitan sorriu: o tesouro está seguro e algún día...

36 p. - 22x22 cm.                                                             ISBN    84-8302-323-7



Opinion