|
Uxío
Novoneyra: Gorgorín e Cabezón |
![]() |
Como é primavera,
dous amigos, Gorgorín e Cabezón vanse bañar ao río.
O primeiro nada suave como unha troita; o segundo, vaise metendo aos poucos e
como unha balea a penas sae do sitio e solta bufidos. Os homes do saco, tan
antigos que xa se cría que non existían, aproveitan que, ao
saíren da auga, dan en xogar ao cazador e ao can. Píllanos ao
pasar e métenos no saco, pero Cabezón consegue asustalos cando
cae a súa cabeza sobre os pés de un. Foxen os homes e eles quedan
máis amigos que nunca. |
|