blix



Xosé Ballesteros: Os Gordibolas. A historia
Ilustraciones de Carmen Muruve

Col. Os Gordibolas, 1
Kalandraka - Eds. Xerais Vigo, 1996

Os Gordibolas

Hai moitísimos anos vivían na Lagoa de Antela os gordibolas, bichocos redondos, xoguetóns e cantaríns que atoparon un ovo grande: era da anciá dragona Ramona que xa nin daba voado e lendo nun libro aprendera a ter descendencia.
Aínda co risco de que se tratase dun dragón-tragón, que os enguliría a todos, decidiron cantarlle ao ovo para facelo amigo e vixialo. Naceu logo a dragoa de invernía Lolinda. Conviviron en boa compaña, salvándoa mesmo cando quedou nas fonduras da perigosa Beira Oposta. Como medraba e ocupaba moito, trasladáronse á superficie, fundaron Urbibola, cambiaron a alimentación e colleron cor verde. Comezaban así a súa nova vida.

40 p. - 21x22 cm.                                                             ISBN    84-8302-023-8



Opinion