blix



Carme Carballo: A goma de borrar que falaba
Ilustracións de Xoel Méndez

Col. Elefante Contacontos, 23. Ed. Ir Indo. Vigo, 2001


A goma de borrar que falaba

Antía quedara durmida á hora da sesta no seu cuarto e cando acordou viu na mesiña unha goma de borrar con ollos, con boca... con cara, que lle falou. Era de cando a rapaza tiña oito anos, a mai estaba operada e déralle por escribir diariamente con lapis nos cadernos. Tanto, que a tía Carme queixábase do gasto que iso lle supoñia e decidira borrarlle de noite o que ela escribira de día, alisándolle logo os cadernos para que parecesen novos. Había case sete anos diso.
A Antía gustaríalle recuperar os contos. Como a goma tragara as palabras, e aínda as tiña no bandullo, empezou a soltar milleiros delas, que a rapaza podía volver usar ordenando como daquela ou doutro modo. Podía facer os contos e regalarllos a alguén. Entón comezou a ordenar as palabras, agora cunha pluma para que non tivese que traballar a goma, que estaba cansa e durmida, cumprida xa a súa misión.

46 p. - 12x20 cm.                                                             ISBN    84-7680-373-7



Opinion