blix



Mon Daporta Padín: Os globos
Ilustracións de Mon Daporta Padín

Col. Os contos da rata Luísa, 14. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2003

Os globos

Nas festas do pobo Luísa mercoulles cadanseu globo aos ratiños. Aínda deron ben voltas para decidirse, pero ao final escolleron os máis grandes. ¡Moito brincaron con eles! Case llelos leva o vento. Pero o peor de todo foi que o azul estoupou, o vermello foise voando e o amarelo perdeu todo o aire por un burato. Ben pouco lles duraron. Pero non importou; seguiron a festa e pillaron unha enchenta.
Con texto mínimo rimado e sinxelas ilustracións a toda páxina e a cores, péchase o conto, como todos os da colección, coa fórmula "Luísa, Roxelio / e mais os ratiños / esperan que vos gusten / estes seus contiños / ¡Abur!".

24 p. - 16x16 cm.                                                               ISBN    84-95350-14-4



Opinion