| Patacrúa: O gato
lambón Ilustracións de Oliveiro Dumas Col. Os Contos do Trasno. Kalandraka Editora. Pontevedra, 2004 |
|
Era unha vez unha vella que tiña un gato moi
lambón. Un día ela fixo unha pota de papas e o gato saltou
á cociña e comeu as papas, a pota... e a vella tamén. Pero
non parou aquí a cousa porque indo polo bosque tragou un anano; despois,
o home e o burro no que ía montado; logo, cinco paxariños e sete
cativas, unha dama e o seu mantón branco, un crego e a súa
sotana... Ata que bateu co leñador. Cando quixo engulir tamén a
este, o home virou a machada e ao tragalo o gato partiu en dous. E do seu
barrigón saíron en comitiva desde o crego ata a vella, quen como
aínda seguía tendo moita fame apañou a pota e as papas,
que marchou quentar á cociña e ¿quen foi aparecer nela?
¡O gato! (que cosera a barriga e nacera outra vez) |
|
|