|
Érase unha vez un muiñeiro que ao morrer deixou
en herdo aos seus tres fillos o muíño, a mula e o gato. O
máis novo tivo que se conformar co gato, que pouco lle podería
axudar a gañar a vida. Disposto a demostrarlle o contrario, marchou este
con saco e botas. Facéndose o durmido, cazou un coello, que lle
levou de agasallo ao rei en nome do seu amo, o suposto Marqués de
Carabás; logo, dúas perdices. Cando a comitiva real pasou por
onda o río, o gato argallou que lle roubaran as roupas ao mociño
e conseguiulle do monarca un traxe dos mellores co que deixou prendada a
princesa. Conseguiu que os labregos dixesen que as súas terras eran do
marqués. E enganou ao ogro, gabando a súa habelencia para se
converter en león e logo en rato, que o gato papou, quedando deste xeito
co castelo para o seu amo. Nel, logo de beber uns grolos de viño, o rei
ofreceulle a filla. Aquela mesma tarde casaron. E o gato converteuse nun Gran
Señor, que só corría detrás dos ratos para
entreterse. Adaptación a partir do texto clásico de Perrault
con espléndidas ilustracións. |