| Jacobo Fernández Serrano: A gardería de dona Bixelmina Ilustracións de Jacobo Fernández Serrano Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2005 |
|
Como o circo pechou, Lucas, fillo de pai domador e mai
trapecista, ten que ir á gardería. O que atopa ao chegar é
brétema de fume de tabaco e toses de pulmonía. Os rapaces están
rodeados de vermes patóxenos que contaxian otites, catarros, gripes, lombrigas ou
pulmonías. Decide actuar para amañalo. Desafía aos virus e
derrótaos, pechándoos nunha gaiola. Mais cando chega dona Bixelmina
mándalle ceibalos, pois quere que os rapaces se inmunicen estando en contacto con
eles, para que así non collan ningunha enfermidade no resto da súa vida.
Cando os libera, as feras desapiadadas abrázanse a dona Bixelmina. ¡Ela
prefire os microbios aos rapaces! |
|