blix



Os galos Clara de Saá: Os galos
Ilustracións de Alberto García Ariza

Col. Plis-Plas, 4. Radio Galega. Pontevedra, 2000

Cando pola mañá cantaba o galo Federico, os animais da granxa sabían que comezaba o día e era a hora do almorzo. Pero aquel día non cantou. A granxeira enfadouse, ameazando con facer un estufado con el porque xa ía vello. Á mañá seguinte volveu quedar durmido. Entón a granxeira, anoxada, mercou outro galo na feira. Era Kiko, novo e fermoso. Todos, solidarios co galo vello, o recibiron como un intruso. Ata que se fixo amigo de Federico: non pretendía suplantalo.
Agora Kiko e Federico cantan xuntos todas as mañás ao saír o sol e a granxeira é a envexa dos veciños por ter tal dúo de galos tenores.

32 p. - 23x17 cm.                                                             ISBN    84-8464-031-0



Opinion