 |
Houbo unha vez un galo moi fachendoso que recibiu unha
invitación para ir á voda do seu tío Chinto. Peiteou a
crista e alá foi. Polo camiño atopou un bosteiro con tres
grans de millo. Non resistiu a tentación e comeunos, embotando todo o
peteiro. Pediulle á herba que llo limpase, pero esta negouse; pediulle
á vaca que se vingase da desobediente herba, pero tamén se negou.
Tampouco o pao lle zoupou á vaca, nin o lume queimou o pao, nin a auga
apagou o lume, nin o burro bebeu a auga. ¿Quen? O burro. "Pois
levántalle o rabo e saúdao". Nova entrega, en tapa dura e
con ilustracións a cores, da colección de contos populares
adaptados. |