blix



Colectivo Crisol: A fortuna de Bartolomeu
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. Contos populares. Eds. A Nosa Terra.
Promocións Culturais Galegas. Vigo, 2001

A fortuna de Bartolomeu

Bartolomeu estaba a gardar o gando no monte cando un día atopou unha lebre encamada. Ao vela, deu en cavilar en levala á feira e cambiala por unha poliña, que había criar na casa e poñería ovos que vendería no mercado e cos cartos da venda mercaría un enxamio; o gañado co mel das abellas daríalle para un bacoriño que, ben cebado, cambiaría por un cuxo; este, ben mantido coa herba do prado faría un bo boi, que trocaría por un cabalo. Entón, como xa se vía brincando nel, berrou ¡hihihiiii! cos dentes arregañados. Co ruído, acordou a lebre e fuxiu. E quedou no prado Bartolomeu gardando, como sempre, o seu gando.
Adaptación versificada do conto popular, con ilustracións, na liña da colección, a cores e a toda páxina.

24 p. - 16x16 cm.                                                          ISBN    84-95350-06-8



Opinion