blix



Xosé Vázquez Pintor: A folla seca
Ilustracións de María Sánchez Lires

Col. Bolboreta, 1. Ed. Sotelo Blanco. Santiago de Compostela, 2002

A folla seca

Amara era a derradeira folla seca que quedaba na carballa, pois as furias do outono foran convencendo ás súas irmás para que caesen de seu. O vento varredor intentaba abastala pero ela resistía agarrada á súa feble ponliña.
O peor foi cando viñeron as sete noites cos sete medos. Sobre todo, a sétima noite, coa nube negra e o vento do mar de fóra. Ela aturaba, aínda que as piñas e a lúa estaban dispostas a facerlle levadeira a caída. Ata que, mareliña e cunha pinga de orballo no colo, consentiu que o novo vento varredor a pousase suavemente no chan. Entón os novos veciños do monte celebraron a súa chegada con alegría.

28 p. - 22x21 cm.                                                          ISBN    84-7824-419-0



Opinion