blix



Colectivo Crisol:
As fillas do zapateiro / O vello do monte / A princesa e o xigante
Ilustracións de Joseph Send

Col. Contos populares. Ed. A Nosa Terra. Vigo, 1999

As fillas do zapateiro

Selección de contos populares adaptados polo Colectivo Crisol.
"As fillas do zapateiro" trata a historia dun zapateiro que tiña tres fillas. A máis pequena é obxecto das envexas das súas irmás pola súa beleza e bondade e porque o príncipe a elixe para casar. A irmá máis vella, por celos, desfaise dos xemelgos da parella.
En "O vello do monte" cóntase como a pobreza de Andrés e a súa familia se soluciona coa axuda dun vello que converte os obxectos cotiáns en máxicos.
En "A princesa e o xigante" nárranse as aventuras dunha princesa, secuestrada por un xigante, porque os seus pais non cumpriron a promesa de entregala o día do seu nacemento e como, axudada polos fillos do xigante, consegue escapar.

58 p. - 18x17 cm.                                                        ISBN    84-89976-67-8



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001




Opinion