| Luís
Ben: Feliz aniversario Ilustracións de Luís Ben Col. Uxía e os Pillabáns, 7. Sotelo Blanco Edicións. Santiago de Compostela, 2007 |
|
Hoxe é un día especial porque Noa celebra unha
festa cos amigos no xardín da súa casa pois cumpre anos. Noa
sopra as candeas e pide un desexo, mentres todos lle cantan unha bonita
canción. Xogan cos globos, Xurxo rompe unha piñata chea de
lambetadas que pendura dunha corda e logo bailan coa música do cd que
lle regalaran a Noa, aínda que Lía ten vergonza porque non sabe
bailar. E a festa de aniversario remata bañándose todos na
piscina, pois fai moita calor. |
|