| Xosé
Miranda: Federico na silveira Ilustracións de Roberto Yepes Col. Merliño. Eds. Xerais. Vigo, 2006 |
|
O coello Federico
saíu facer unha excursión polo bosque. No medio da corredoira e
cortándolle o paso, atopou un coello negro forasteiro que non lle
devolveu o saúdo. Por ver de apartalo, deulle unha labazada, pero
quedoulle a man pegada na cara do coello. Logo, a outra. Deulle entón
cos pés, que lle quedaron presos tamén. Entón saíu
o raposo de detrás dun carballo: tendéralle unha trampa cun
monicreque. Cando o levaba ao lombo para comelo, Federico díxolle que
podía cociñalo, colgalo, afogalo ou tiralo por un cavorco, mais
pediulle que nunca se lle ocorrese chimpalo nunha silveira. Por amolalo
máis, o raposo guindouno entre as silvas. |
|