blix



Loli Rial: Fai o teu conto con Don Martiño
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. O Parrulo, 16. Ed. Ir Indo. Vigo, 1995

Fai o teu conto con Don Martiņo

Un conto con rima para que cadaquén o faga ó seu xeito.
Na páxina da esquerda aparece unha frase que se completa cos debuxos e palabras da páxina dereita, pero sempre se dan tres opcións para que nós elixamos unha; desa maneira iremos construíndo a nosa historia, porque... Don Martiño pode ser carteiro, enfermeiro ou cociñeiro; pode ter cara de mexillón, león ou dragón; tocar o violín, flautín ou cornetín...
Os textos de Loli Rial compleméntanse coas ilustracións de Pepe Carreiro. Non só os debuxos son a toda cor senón que tamén as páxinas van do amarelo ó negro.

26 p. - 20x17 cm.                                                          ISBN    84-7680-202-1




A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion