blix



Anxo Fariña: O exército de ovellas
Ilustracións de Anxo Fariña

Col. Don Quixote e Breogán, 2. Eds. A Nosa Terra. Vigo, 2005

O exército de ovellas

Breogán está lendo nun libro moi grande e vello sobre as aventuras de Don Quixote, o cabaleiro que loita contra o mal. E imaxínase vivindo aventuras. Pero como ese día xogara tanto coa pelota, canso, quedou durmido sobre o libro.
Ao pouco, acordou con Don Quixote e Sancho Panza. Ven unhas nubes de po que o fidalgo identifica como dos exércitos do terríbel Alifanfarrón, que ten no casco cornos de carneiro e de Pentapolín, elegante, coa figura dunha ovella con moita la no seu escudo. E aínda que a Sancho seméllanlle senllos rabaños de carneiros e ovellas, o cabaleiro andante acode na defensa do máis débil, quedando amo e escudeiro atrapados entre tantos animais, Breogán sálvaos esvarando cunha táboa de madeira como se fose o mar.
E canso de tanto surfear ovellas, durmiu. Cando acordou, seguía onda el o libro do Quixote, que ten tantas aventuras por ler e por vivir.
Edición en capa dura con ilustracións a cores a toda páxina.

28 p. - 25x23 cm.                                                            ISBN    84-96403-28-9



Opinion