blix



Manolo Uhía: Evaristo, un corvo moi listo
Ilustracións de Manolo Uhía

Col. Montaña Encantada. Serie Azul
Ed. Everest Galicia. León, 2002

Evaristo, un corvo moi listo

Durante as vacacións nas Rías Baixas, a Lino gústalle mergullarse nas augas do mar. Un día bate de fociños co corvo mariño, que anda a perseguir unha xouba. Fanse amigos e Evaristo, como decide chamarlle Lino, ensínalle as marabillas do fondo do mar: as rochas de moitas cores, unha gorgonia, un cabaliño de mar, un polbo, un sanmartiño que pasa por alí...
Mentres Lino sobe á superficie tomar aire, Evaristo tráelle bocartes ou outros peixes que caza no pecio dun pesqueiro naufragado, que Lino rexeita e el engulipa de contado. Co paxaro aprende a coñecer os perigos de somerxerse: pode atacar o congro, non se pode tocar a estruga de mar, cos seus filamentos urticantes... E mesmo, cando unha quenlla persegue a Evaristo disposta a papalo, fan un novo amigo, un golfiño que o defende. Lino agradécello rañándolle o lombo e nadan un pouco os tres xuntos.
Ata que o rapaz sae da auga, pois é hora de xantar. Queda con Evaristo para o día seguinte: seguirán explorando os fondos mariños.

48 p. - 21x19 cm.                                                             ISBN    84-403-0430-7



Opinion