blix



Ramón Trigo: Eu vivía na fin do mundo
Ilustracións de Ramón Trigo

Ed. Tambre / Edelvives. Zaragoza, 2007
Primeiro Premio do II Concurso Internacional de Álbum Infantil Ilustrado "Biblioteca Insular. Cabildo de Canarias"

Eu vivía na fin do mundo

Conta o narrador que vivindo na fin do mundo, a carón do mar, soñaba con descubrir o que había máis alá do horizonte. A xente dicíalle que alén mar soamente había un negro inmenso, de seres estraños e monstruosos. Unicamente o home do faro lle falaba de paraísos descoñecidos do outro lado do océano. Non aturando máis, un día decidiu enfrontarse ao vento, aos monstros e ao negror. E botouse ao mar.
Álbum poderosamente ilustrado, con texto mínimo en simbiose coa concepción do traballo da imaxe, metafórico e moi suxestivo.

28 p. - 22x31 cm.                                                     ISBN    978-84-967772-67-0

.  
RECENSIÓNS

  .  No cerne da memoria   /  Vieiros



Opinion