|
No
se cadra país máis pequeno do mundo, aló no Himalaia,
vivía nunha cova o dragón Nemoth. Tiña aterrorizados os
seus habitantes, que pasaban fame, pois esixía para si todo o
colleitaban, xa que do contrario destrozaba canto se poñía ao seu
paso. Un día o vello rei Tenduc decidiu que aquel dos seus tres fillos
que liberase o pobo do dragón sería o seu
herdeiro. Entón, Januc, o maior, foi procurar ao reino de Lhasa unha
espada invencíbel, capaz de atravesar dun só golpe a rocha
máis dura, mais o tirano fundiuna co lume da súa boca. Kiruluc, o
mediano, trouxo do reino de Samarcanda o máis poderoso dos velenos,
capaz de dar cabo dos animais fabulosos como o grifón, pero o
dragón fundiu a redoma co seu lume. En troques, o máis pequeno,
Liluc, afeccionado a compoñer versos e sen ningún interese polas
armas, quedou no reino para buscar unha solución nos libros. Un soprador
de vidro fíxolle un espello cóncavo deses que deforman a imaxe
dos que nel se miran que, colocado na entrada da cova do dragón,
conseguiu que este non se atrevese a saír e acabase morrendo de medo e
fame. Aínda que o merecía, non quixo ser o herdeiro do reino, que
gobernaron os seus irmáns de xeito alternativo, de sete en sete anos,
asesorados pola súa sabedoría. E contan as crónicas
que desde aquela no país floreceron as artes e as ciencias e o reino foi
feliz e próspero, coa mina de pedras preciosas atopada na cova de
Nemoth. O feliz traballo de ilustración crea un ambiente
exótico que facilita eficazmente a lectura comprensiva do
texto. |