|
| Xosé
Agrelo Hermo: O espantapaxaros Ilustracións de Mima Ed. Galaxia. Vigo, 1972 |
|
Conta o espantallo -dous paus cravados, un feixe
de palla, unha chaqueta, un sombreiro esfucarado e mais unha cachimba inglesa
que lle puxeron un fato de raparigos- que, situado na agra fronte á
escola, pode ver os nenos estudiar e de paso vai adquirindo cultura. No recreo
métense con el, pero sabe que é xogando, que lle mostran
así a súa amizade. Cando eles faltan, bota longas parrafadas cos
paxariños: parece unha árbore florecida, con todos enriba del.
Como o amo emigrou para Alemaña, quedou sen traballo, pois na leira non
hai nada cultivado. Os amigos de antes pérdenlle o respecto e non o
ollan nin de lonxe. Vaise desfacendo a modiño: un galopín
róuballe a cachimba, un pobre a chaqueta en pleno xaneiro e o vento
tíralle o sombreiro. Parece un cruceiro de carballo retorto. Se ata un
peto está facendo un niño nun dos seus paus. É ben certo:
"O fado dos espantallos ninguén o sabe". |
|