blix



Divina Novio Seoane: A escola de Medrapouco
Ilustracións de Penélope Ares

Col. Ala Delta, 21. Serie Vermella
Ed. Edelvives. Zaragoza, 1992

A escola de Medrapouco

En Medrapouco, no concello de Medranada, haivos unha escola única no mundo.
Está nunha casa antiga toda escangallada con fochancas grandes coma cestos, que cando chove énchense de auga. Os nenos fan regatas nelas cos seus barcos de noces baleiras. No fondo hai unha poza grande como unha lagoa: cando seca, non se dá recuperado o que nela caeu, sexa un paraugas ou unha bota. Nas paredes de pedra os mofos e as carrizas compoñen fermosos e variados debuxos; na do fondo, hai un vello armario que ninguén se atreve a abrir por se se desfai.
A mestra, Lola, anda con varias capas de xerseis e camisas por mor do frío. O sapo Sisapo atende ás súas explicacións en silencio ata a primavera: entón canta algareiro e lisca pasear. O rato Rosendo, tan limpo el, tamén vai á escola e está sempre roendo o que pilla, sexa merenda ou bota. Clodomiro, o Barómetro, anuncia o tempo que vai vir gracias ás súas sensibles orellas, que orienta no aire; cando venta auga, cambian as mesas para que non chova nelas.
Un día o armario derrubouse e saíu del como un bombón, do que logo naceu un castiñeiro. Medrou tanto nas vacacións de verán que ao comezar outro curso tiña arrincado o edificio da escola, que estaba nas súas pólas como un niño. Subían a ela por unha escada, que cada vez debía ser meirande pois coas medras da árbore cada día quedaba máis alta. E aínda que conseguiron cartos gañando un concurso de debuxo, os rapaces non quixeron unha nova escola. Fixéronlle un ascensor a esta.
Non vos hai outra igual no mundo. ¡Nin sequera no Xapón!

47 p. - 18x13 cm.                                                               ISBN    84-263-2199-2



Opinion