blix



Elisa Gallego Picard: Encarna e o vento
Ilustracións de Elisa Gallego Picard

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 2005.

Con-zancos e as ondas do mar

Partindo dun texto mínimo e dunha idea inicial (o vento Bartolo corre polos tellados, aos que sae pola mañá a presumida gaivota Encarna, para que todos vexan as súas fermosas plumas e o toque de cor vermella no peteiro) constrúese unha historia sen palabras e con ilustracións minimalistas. As plumas da gaivota , que o vento rouba, pasea, descoloca e coloca no corpo de Encarna, conforman o eixo do xogo visual.
A orixinal concepción, moi limpa e atractiva, permite unha sinxela lectura visual para as primeiras idades e deixa un espacio aberto para a imaxinación e a creatividade.
O lector pode así, doadamente, construír a historia e amplificala desde a súa intervención visual.

25 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN    84-8288-867-6



Opinion