|
Aquel elefante
estaba moi tolo. Tiña catro fortes patas, grandes orellas, unha bonita
cola e unha longa trompa coa que comía e se rañaba. Tiña
todo de elefante ¡e negábase a aceptar que fose un elefante!
Primeiro pensou que era un terrón de azucre: mergullouse nas tazas de
café e deixou emporcados os salóns das casas e as
cafeterías. Cando llo explicou o chimpancé, convenceuse de que
non era como os terróns de azucre. Entón creuse unha abella:
marchou de xardín en xardín, esmagando as flores co seu peso.
Aceptou daquela as razóns do crocodilo cando lle dixo que non era unha
abella. Pero pensou que era unha lámpada e subiuse enriba dos farois dos
parques, deixándoos ás escuras. Cando a curuxa o convenceu de que
non era tal, logo de moito de cavilar contestou que non sería unha
abella, pero tampouco era un elefante. E botouse a andar co seu corpo de
elefante moitos días, só. Chegou a unha illa onde a auga era moi
azul. Sentiu que podía voar e mergulllouse na auga. E como
ninguén lle levou a contraria alí quedou feliz, convencido de que
era un paxaro que sabía voar no fondo do mar e de que nunca fora, nin
había ser, un elefante. Álbum infantil cun atractivo
traballo de ilustración a toda páxina. |