blix



Mª Victoria Moreno: ¿E haberá tirón de orellas?
Ilustracións de Carme Peris

Col. Árbore. Ed. Galaxia. Vigo, 1997.

¿E haberá tirón de orella?

Alma, a cadeliña bonita e inqueda, intenta xogar cos nenos no solpor, pero como non lle fan caso colle camiño, triste.
Na compaña dun pardal anda e anda ata cansar e renderse ao poder do sono á noite, lonxe da casa.
Acorda ao abrente desnortada e soa. Camiña de volta, onda a súa familia, onde sabe que a agarda tamén un "tirón de orellas".
Escrito en versos sabios e fermosos, as extraordinarias ilustracións completan un libro francamente recomendable.

30 p. - 19x16 cm.                                                    ISBN    84-8288-104-3



Opinion