|
Raquel
Méndez: Os dous corcovados |
![]() |
Xan e Perillán
eran dous irmáns corcovados. O máis novo decidiu marchar polo
mundo probar fortuna. Ao chegar ao bosque tivo medo do sacaúntos e
subiuse a unha árbore. Pasaron unhas velliñas repetindo
compasadamente "sábado-domingo". "E luns" engadiu el, polo que o
mandaron baixar e, en agradecemento, serrarónlle a corcova cunha serra
de manteiga. Ao volver e explicarllo ao irmán, fixo este o mesmo, pero
en vez de luns díxolles martes. E elas, por facerlles romper o ritmo,
puxéronlle un chepón engadíndolle a corcova do
irmán. |
|
traducións |
|