blix



Max Portela: Don Pol e o pequeno Pin
Ilustracións de Rodrigo Chao

Col. Xiz de Cor, 15. Ed. Baía. A Coruña, 2008

Don Pol e o pequeno Pin

Don Pol é un polbo moi vello, cos ollos moi grandes, que ve abraiado como un cangrexo sen cuncha se lle achega, para pedirlle que o coma. Séntese mal pois todos se rin del xa que dende que naceu non ten cuncha, a súa barriga é branda e revirada e ten unha tenace máis grande que a outra.
Impaciente por comelo dunha vez, o polbo explícalle que todos somos distintos e non por iso debemos entristecernos. De feito, os cangrexos ermitáns coma el non teñen cuncha e amáñanse collendo emprestadas outras abandonadas no mar. Mesmo no seu caso, o problema de non ter esqueleto convérteo nunha vantaxe, que lle permite coarse por calquera buraco. Ante tal afirmación, o cangrexo rétao a que non é quen de introducirse nunha botella. Cando o fai, aproveita el para meterse nunha cuncha abandonada, colocando nela dous apegóns, que lle causan proído ao polbo cando o intenta comer.
E como ademais lle di que nunha illa veciña se agachan os ermitáns coma el, para aló se vai o cangrexo, celebrando ter enganado ao polbo.
Edición en formato álbum con ilustracións a cores e a toda páxina.

36 p. - 21x21 cm.                                                        ISBN    978-84-96893-42-9



Opinion