 |
Un demo canchés, Don Gaifar Somonte, ou
Trocado, tiña un tesouro que día a día lle mirraba, polo
que cavilou en buscar alguén que lle axudase a vixialo. E botouse a
andar os camiños do mundo.
En chegando a unha aldea, sentiu que unha muller lle berraba a un galo por
papar a comida das galiñas: ¡condenado, doute ao demo! Trocado,
considerando que sería un bo espertador, pillou o regalo, pero tivo que
deixalo cando as galiñas avisaron a ama, que o escorrentou a paus. Bateu
logo cun neno que maldicía a un can por comerlle a merenda. Mais, cando
o demo botou man del, arrepuxéronselle os dous e alí o deixou.
Apareceu despois no camiño un crego a cabalo. Como o animal parou onda
Don Gaifar, o abade increpouno (¡o demo te leve!). Seríalle
útil para correr tras dos ladróns, mais como tamén lle
facía servicio ao crego este non lle permitiu levalo.
E tornou Trocado á casa laiándose ante os pais de que non fixera
"cancha" na viaxe pois a xente sempre anda trascordando. Ao que eles
lle contestaron que a enfermidade dos tesouros é mirrar co tempo.
Entón caeu na conta de que non había ladróns e que el
só chegaba para gardar o tesouro.
Versión dun conto tradicional ilustrada con debuxos infantís e
colaxes fotográficas.
|