|
Belisario era un feroz dinosaurio, enorme e mandón, que
vestía de militar. Sempre estaba a bruar, botando lume pola boca coma un
dragón. Todos no mundo animal fuxían del, aterrados, polo que non
tiña con quen xogar á oca, ao parchís ou con barcos de
papel. Aburrido e só, un día decidiu prohibir os xogos: quen
ousase desobedecer a súa orde perdería a cabeza. Non contento con
isto, atou os rabos dos gatos, prendeulle lume ao mar, obrigou os paxaros a
calzar zapatos para que non puidesen voar, pegou os peixes con cola, meteu os
paxaros en ascensores e encerrou os gatos en maletas sen buratos. Foi
entón cando un millón de nenos fóronlle protestar en
manifestación; ao velos, Belisario, asustado, quedou en coiros, sen
poder nin uniforme. Desde aquela vive pechado nun armario e os animais poden
xogar, libres. Historia en verso esplendidamente ilustrada e
editada. |