blix



Xoán Babarro González: Dez eran dez
Ilustracións de Lázaro Enríquez

Eds. Xerais. Col. Merlín
Vigo, 1996

Dez eran dez

Consta este libro dun conxunto de poemas agrupados en catro apartados: "Dez parraguesas", "Dez xoaniñas", "Dez vagalumes" e "Dez abellas". En cada un dos poemas repásanse os números ata o dez, xogando coas actividades dos diferentes animais que interveñen nas historias.
Os versos van acompañados de grandes ilustracións en branco e negro nas que se visualizan as distintas tarefas dos animais protagonistas e están escritos en letra manuscrita.
Caracterízanse por presentar elementos das cancións populares infantís, nas que a musicalidade vén proporcionada pola rima e permite a memorización das series lingüísticas.

72 p. - 13,5x19 cm.                                                          ISBN    84-7507-988-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion