| Fina
Casalderrey: Derradeira carta ós Reis
Magos Ilustracións de Hoa-binh Melgar Col. Merlín, 124. Edicións Xerais. Vigo, 2002 |
|
Conta Paulo, un rapaz de oito anos que vive nunha
rúa céntrica da cidade, que como o pai está a buscar
traballo, pois despedírono da fábrica de mobles ao comprar unha
máquina, e a nai traballa de caixeira nuns grandes almacéns,
dedícase a mirar os escaparates nas vacacións de Nadal. E xa ten
claro o que lles vai pedir aos Reis Magos de Oriente: un escaléxtric con
coches como os de verdade. O ano pasado non lle trouxeron o que pediu porque
non se portou ben. Por iso agora fai as tarefas escolares, levanta a tapa do
váter para mexar, cámbialles a auga aos periquitos, recolle a
mesa e non tira o leite polo vertedoiro. |
|