blix



Xesús Pisón: O demo presumido
Ilustracións de Fernando Sampil

Col. A chalupa. Ed. Galaxia.
Vigo, 1987

O demo presumido

O demo Palmiro tiña bigote postizo, cornos e rabo. Era moi presumido e cando pasaba alguén por onda a porta da súa casa el esixíalle un regalo para estar máis guapo, senón batíalle ao camiñante cos cornos no cu.
Así se fixo coa coroa dun rei ou coas trenzas loiras dunha nena. Pero un día un xastre regaloulle un lazo para poñer no rabo. Sentíase moi guapo con el e toda a xente lle gababa a súa elegancia. Tanto tanto que o rabo deu en inchar e Palmiro elevouse no aire como un globo xigante.
Entón a xente librou do demo Palmiro e as súas trasnadas.

32 p. - 17x19 cm.                                                               ISBN    84-7154-585-3



Opinion