| Mª Dolores
Rial Fernández: O cumpreanos do rei
Pericón Ilustracións de Kiko da Silva Col. O Parrulo, 19. Ed. Ir Indo. Vigo, 1998 |
|
Como cada ano ao chegar o verán, o rei Pericón
celebra o seu aniversario. Os amigos lévanlle agasallos que se poden
descubrir resolvendo as adiviñas: o grilo Pillo, un paraugas; a gata
Cleopatra, un teléfono; o burro Camilo, un lapis; o can Tomás, un
reloxo; a vaca Fernanda, un chapeu; o coello Roxelio, un libro; o dragón
Simón, uns zapatos; o xabarín Xoaquín, unha carauta. E o
rei correspondeulles convidándoos a unha grande festa de
celebración. |
|