| Uxío Novoneyra: O
cubil do xabarín Ilustracións de Quintana Martelo Col. Ala Delta, 2. Serie Vermella Ed. Edelvives. Zaragoza, 1990 |
|
Rabilete, Gatillo,
Pistón, Portapeza, Firmegarra e Seguerrastro son uns nenos do Courel que gustan de
cachear as covas dos arredores. Un día deciden subir ao cubil do xabarín.
Cando acaba o camiño e comeza a bouza, teñen que extremar as
precaucións pois en calquera momento pode aparecer o xabarín enfurecido
disposto a defender as súas crías. Avantan con pés de la e cando
están chegando ao cume, xorden o xabarín macho e a femia a todo correr,
impoñentes e irados, que pasan a carón dos rapaces, agachados nun rebolo de
canas baixas, sen velos. Co medo aínda no corpo, os amigos regresaron, apurados e
algún deles co pantalón mollado polo susto. Por iso logo nunca contaron
esta aventura, na que sentiron na maxestosidade da Serra do Courel o poderío do
xabarín, que mesmo ten asustado a cazadores. |
|