| E. David Otero
Fernández: Cousas para facer, dicir e pensar Ilustracións de Manuel Janeiro Col. Tartaruga, 7. Ed. Galaxia Vigo, 1987 |
![]() |
Conxunto de poemas agrupados en tres partes. A primeira, "Para
facer", contén oito textos sobre as diferentes partes do corpo e xogos
de imitar e moverse. A segunda, "Para dicir", componse de catro, tematicamente
referidos a obxectos cotiáns como a pelota ou a elementos da natureza (a
auga, a nube e o sol). Na terceira, "Para pensar", figura un poema máis
extenso sobre a nova escola galega, que terá de estar chea de vida e
cor. |
|