| Cousas de Xan e Pedro Editorial Galaxia. Vigo, 1971 |
|
O lobo saíu cazar convencido de que ía ser un
día de sorte. Primeiro, desprezouno un oso pensando que lle había
sobrar a carne. Encontrou logo un burro, que lle pediu que lle tirase as
ferraduras antes de comelo para evitar problemas co amo: cando o intentou, o
burro deulle con elas nos dentes e liscou. Ante unha cocha cos seus
ranchiños, que ela quería deixar bautizados, púxose no
rodicio do muíño e alí quedou dando voltas mentres a cocha
se escapuliu. |
|