blix



Paco Liván: A cousa que máis doe do mundo
Ilustracións de Roger Olmos

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
White Ravens 2006

A cousa que máis doe do mundo

Partindo dun conto orixinal de Costa de Marfil, preséntase unha parábola sobre a mentira. Como a hiena se riu da lebre cando esta lle dixo que a cousa que máis doe no mundo é a mentira, esta decide que o mellor xeito de convencela é cun caso práctico. Primeiro pídelle que a morda nun pé. Aínda que a lebre berrou de dor e desapareceu coxeando, en poucos días a ferida curou. Pero unha mañá a lebre deixou feito un bo "pastel" á entrada do palacio real. Para descubrir o culpable de semellante provocación, o rei mandou chamar a todos os animais do poboado. Ningún se recoñeceu como autor, polo que houbo que lles preguntar ás moscas, auténticas especialistas na materia, que, postas de acordo coa lebre, acusaron á hiena. E como ninguén creu a súa inocencia, fuxiu do poboado co rabo entre as pernas.
Aprendeu así que, de todas as feridas, a mentira é a que máis doe
Como é característico na colección, o creativo traballo de ilustración preséntase en formato álbum a dobre páxina e a cores.

36 p. - 25x23 cm.                                                               ISBN    84-96573-13-3



.  
TRADUCIÓNS

castelan La cosa que más duele del mundo
Il. Roger Olmos - Trad. Marisa Núñez
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
36 p. - 25x23 cm. / ISBN: 978-84-934499-6-4
catalán La cosa que fa més mal del món
Il. Roger Olmos - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2005
36 p. - 25x23 cm. / ISBN: 978-84-96573-14-7



Opinion