blix



Eva Mejuto: Corre corre, cabaciña
Ilustracións de André Letria

Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006

Corre corre, cabaciña

Era unha vez unha velliña que vivía nunha casa da aldea, quen un día recibiu unha carta da neta convidándoa á súa voda. Ela púxose tan contenta que botou a andar axiña para non chegar tarde. Ao cabo dun pouco atopárona, sucesivamente, un lobo, un oso e un león. Os tres se dispoñían a comer a avoíña, pero aos tres convenceu de que a agardasen á volta, pois había estar máis gorda. Participou na festa rachada da voda e cando chegou a hora de volver para a casa, a avoa sentiu medo polas tres feras. A neta cortou a cabaza máis grande da horta, abriulle unha porta pequena, por onde se meteu a velliña, e botouna a rodar polo camiño. Cando pasou por onda eles, o león, o oso e o lobo preguntáronlle á cabaza se vira una velliña e unha voz respondeulles desde dentro que non vira tal, e animaba a cabaza a correr. Chegou toda contenta á casa por telas burlado, e as tres feras, fartas de esperar horas, caeron durmidas no camiño e soñaron con cabazas faladoras.
Adaptación a partir dun conto tradicional portugués apoiada polo Instituto Portugués de Livro e das Bibliotecas
Álbum con espléndidas ilustracións a cores a toda páxina.

36 p. - 25x23 cm.                                                     ISBN    978-84-96573-65-9



.  
TRADUCIÓNS

castelan Corre, corre, calabaza
Il. André Letria - Trad. Eva López Rodríguez
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-68-0
catalán Corre, corre, carbasseta
Il. André Letria - Trad. Ariadna Martín
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-69-7
catalán Corre corre, cabacinha
Il. André Letria - Trad. Dora Isabel Batallim
Col. O. OQO Editora. Pontevedra, 2006
36 p. - 25x23 cm / ISBN: 978-84-96573-70-3



Opinion