blix



Antonio García Teijeiro: Coplas
Ilustracións de Manuel Janeiro

Col. Tartaruga, 16. Ed. Galaxia
Vigo, 1988

Coplas

Conxunto de vinte e oito coplas, sinxelas e rítmicas como pequenas cancións, con imaxes de grande plasticidade.
Cunha presencia mínima dos referentes adultos (nas figuras positivas do pai, o mariñeiro ou Celso Emilio, que lles dá vida cos seus versos ás anduriñas que xogan á comba co vento), que teñen tesouros "ruíns e medoñentos", mentres que os dos rapaces son "inxenuos e sinxelos", o protagonismo infantil aproxima os lectores a un espacio lírico agarimoso non inxenuamente feliz. As nubes, o arco da vella, as estrelas, o solpor e, sobre todo, a lúa poden compartir unha incerta tristeza ou emoción. Os paxaros fan coro ao canto infantil e as árbores poden enterrar os males coas súas follas.
Desde as ilusións aínda esperanzadas, cando o boneco xoga cos peixes, as ondas tallan estatuas de auga e sal e o papaventos namórase dunha pomba, hai tamén lugar solidario co que non ten pan, para o que nunca alborece. Desde o poder do soño, estes versos son como as faíscas: queren subir á lúa.

32 p. - 16x19 cm.                                                          ISBN    84-7154-609-4



Opinion