blix



Amparo Gómez Cuerpo: Contos da tía Rosario: Titi, caca
Ilustracións de Amparo Gómez Cuerpo

Col. Elefante Contacontos, 36
Ed. Ir Indo. Vigo, 2007

Contos da tía Rosario: Titi, caca

A Xoán e Marcos, os dous irmáns, o que máis lles gusta no mundo é escoitar os contos da velliña tía Rosario, que ela inventou ou que escoitou ao redor do lume da lareira.
Unha noite contoulles o de Titi, unha rapaza moi boa e obediente que tiña dúas irmás maiores egoístas, celosas e presumidas. Vivían soas na casa que herdaran de seus pais. As dúas maiores gustaban de saír de paseo e presumir mentres á pequena mandábanlle facer os peores traballos e non lle permitían saír xogar. Titi onde mellor o pasaba era na escola. Sempre se paraba a mirar unha boneca de traxe azul no escaparate dunha tenda de xoguetes. Unha tarde de inverno, á maior antollóuselle un doce de chocolate con amorodos e mandou á pequena por el, mais Titi entretívose no escaparate, triste porque desaparecera a súa boneca soñada, e cando foi xa pecharan a pastelería. Na rúa, un violonchelista tocaba sen que ninguén lle deixase nin unha moeda, polo que ela deulle a que levaba para o doce. Entón o velliño, agradecido, sacou dun baúl a súa devecida boneca e deulla. Cando llelo contou ás irmás, castigárona sen cea na habitación do faiado. Alí faloulle a boneca: chámase Celeste e coidará dela. Mentres Titi durmía, a boneca pediu repetidas veces caca e cando a rapaza espertou atopou o chan cuberto de moedas de ouro. O violonchelista era un meigo e ela unha boneca máxica. Enteiradas as irmás, quedáronselle coa boneca pensando en facerse millonarias, dicíndolle que fixese toda a caca que quixese, mais ao espertar atopáronse con que o que había por todas partes era merda.
Entón elas aprenderon e pedíronlle perdón a Titi, prometendo querela moito. E ela perdooulles, como teñen que facer todos os rapaces e rapazas: portarse ben e saber perdoar.

112 p. - 20x12 cm.                                                      ISBN    978-84-7680-597-8



Opinion