blix



Loli Rial: Os contos tolos da avoa Paulina
Ilustracións de Pepe Carreiro

Col. O Parrulo, 14. Ed. Ir Indo. Vigo, 1995

Os contos tolos da avoa Paulina

Conto en verso no que se xoga coa rima, os encadeados e o absurdo para provocar a diversión dos máis pequenos. A avoa Paulina conta contos tolos sentada en calquera esquina. Para vela e escoitala veñen saltando/voando/paseando/correndo/andando todos os que poden facelo. Os seus contos son coma este:
Érase que se era /unha galiña tan festeira /que en vez de pór ovos / bailaba a muiñeira.
Pero o xogo pode continuar se tamén nós, como a avoa Paulina, nos poñemos a inventar contos tolos. E incluso poderiamos ir buscar quen viñera escoitalos: reptando, brincando... O conto tamén ten unha fórmula para o remate. Dese xeito, comeza e acaba da maneira tradicional.

26 p. - 20x17 cm.                                                          ISBN    84-7680-202-1




A nosa literatura infantil e xuvenil 1995
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Carmen Bar Cendón, Xulia Barros e Mª Xesús Fernández.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 9. 1997



Opinion